Thursday 18 de April de 2024

Eli Ríos presenta en Ordes o seu ‘Remexido de patacas’


A librería Tango encheuse de público para asistir á presentación do libro ‘Remexido de patacas’. A súa autora, Eli Ríos, síntese especialmente vinculada a Ordes, terra na que pasou varios anos da súa adolescencia. Acompañándoa neste acto estiveron a ilustradora Nana e a directora de Baía Edicións, Belén López.

‘Remexido de patacas’ recibiu no ano 2014 o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo. Nel a autora mantense fiel á súa interpretación da actividade literaria como canle de compromiso, crítica e cambio social, presentándoo como unha “forma saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade” e como antídoto “contra as desigualdades”.